Friday 03 de May de 2024

O Concello volve instalar nas praias puntos de recollida para facilitar a recollida de lixo aos paseantes


• Decidiuse continuar con esta iniciativa tras a boa aceptación que tivo o ano pasado, evitando así que se dispersen os residuos que recollen e depositan nos accesos as persoas que pasean pola praia.

• Só serven para restos de redes, plásticos, papeis e similares xa que as ramas, follas ou algas deben deixarse na area.

O Concello de Miño volveu a instalar nos accesos das praias de Perbes, Grande de Miño, A Ribeira e Ponte do Porco os puntos de recollida de lixo que constan dun saco tipo ‘Big Bag’ e un cartel informativo co obxectivo de facilitar a recollida dos residuos que xa levan a cabo as persoas que pasean polo areal fóra da época estival

Tras a boa aceptación que tivo esta iniciativa o goberno local ha decidido repetila para dar resposta á demanda de moitas persoas que aproveitan os seus intres de paseo para recoller residuos e antes non atopaban onde depositalos fóra da tempada estival. De feito, era frecuente que pola acción do clima ou os animais volvesen dispersar os residuos que recollían.

As bolsas contan con recollida periódica e só poderanse deixar nelas restos de redes, plásticos, papeis e similares xa que as ramas, follas, algas ou outros restos naturais deben deixarse na area porque cumpren unha función biolóxica ao protexer as dunas e dar acubillo e alimento a aves e outras especies.